Monografías do século XIX pon a dispor dos usuarios, de xeito aberto e gratuíto, cerca de oitocentas copias dixitais de monografías dos nosos fondos editadas no século XIX e referidas a Galicia polo seu autor, temática ou lugar de impresión.
Con máis de cento vinte mil páxinas accesibles en liña, a Real Academia Galega achega, deste xeito, unha ferramenta fundamental para o estudo da nosa historia e a nosa cultura ao longo do século que inaugura a idade contemporánea.
Para a dixitalización deste fondo, a Real Academia Galega contou coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Para probas máis exhaustivas utilice Repository Explorer.